Babel Afial

Envío de colaboracións


As colaboraciones enviaranse antes de finais do mes de marzo de cada ano a nome da profesora Cristina Larkin á seguinte dirección:

POR CORREO ORDINARIO:

BABEL A.F.I.A.L.
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Universitario As Lagoas s/n
32004 OURENSE

POR CORREO ELECTRÓNICO:

larkin@uvigo.es

Call for Papers



Proceso de Avaliación


Os artigos son seleccionados tras a recepción de dous informes positivos emitidos por avaliadores externos especialistas na materia, proceso que se realiza mantendo o anonimato tanto dos autores coma dos avaliadores (double-blind peer review).

Normas de Redacción


  1. Enviarase por correo electrónico á dirección arriba indicada dous arquivos: un có artigo, o nome do autor, a institución á que pertence, o correo electrónico e os resumos e as palabras chave e outro arquivo no que só apareza o título do artigo e os datos do autor (centro de traballo, enderezo, número de teléfono e enderezo electrónico).
  2. Enviaranse por correo ordinario 2 copias en papel do artigo, resumos e palabras chave, sen datos referentes ao autor.
  3. O resumo do artigo deberá redactarse en dous idiomas: en inglés (en primeiro lugar) e en galego ou español. Non debe exceder as 150 palabras.
  4. Despois de cada resumo indicaranse as palabras chave nas que se enmarca a investigación do artigo nos dous idiomas escollidos.
  5. As linguas admitidas para a publicación dos artigos son: alemá, español, galego e inglés.
  6. A extensión dos artigos non debe superar as 20 páxinas, incluíndo nelas notas e bibliografía.
  7. Tamaño de letra: 12 en todo o artigo, incluidas as notas.
  8. Interliñado: dobre espazo, a excepción dos resumos e as notas que teñen que ser presentados a espazo sinxelo.
  9. Tipo de letra: Times New Roman en todo o artigo.
  10. Título do artigo: Maiúsculas e negrilla.
  11. Encabezamentos das seccións do artigo: Maiúscula, negrilla e numerados (1., 2., 3., etc).
  12. Subencabezamentos das seccións: Minúscula, negrilla e numerados (1.1, 1.2., 1.3., etc).
  13. As notas a pé de páxina deberán figurar inmediatamente ao final do artigo (NOTAS) e, a continuación, a bibliografía en orde alfabética, baixo o encabezamento OBRAS CITADAS.
  14. As referencias bibliográficas serán elaboradas dacordo cós exemplos seguintes:

    Culler, J. 1975 Structuralist Poetics: Structuralism, Linguistics and the Study of Literature. London: Routledge and Kegan Paul
    Graham, J.W. 1975 “Point of view in The Waves: Some services of the style en S. Lewis, ed. Virginia Woolf. A Collection of Criticism. New York: McGraw-Hill
    Guiora, A., R. Brannon y C. Dull 1972 “Empathy and second language learning”. Language Learning. 22:111-130
  15. Cando se cita algún texto, traballo ou artigo consultado en internet, indicaranse o día, o mes e o ano nos que se accedeu á páxina web correspondente. Por exemplo:

    Dahlgren, M. 1993 “From Narratology to Pragmatics: Narrators, Focalizers and Reflectors in Some Works by William Faulkner”, BABEL a.f.i.a.l. Consultado o 20/10/2015 http://webs.uvigo.es/babelafial/.