Babel Afial

BABEL A.F.I.A.L.


Babel - A.F.I.A.L. (ISSN 1132-7332) é unha revista académica anual sobre distintos aspectos de filoloxía inglesa e alemá. Foi fundada en 1992 e publica traballos e reseñas, tanto nacionais como internacionais, sobre cuestións relacionadas coa lingua e a literatura en linguas inglesa e alemá, lingüística aplicada, teoría literaria, tradución, metodoloxía, ou lexicoloxía e lexicografía.

Os artigos que publicados teñen que ser orixinais e poden ser escritos en inglés, alemán, español ou galego. Son seleccionados tras a recepción de dous informes emitidos por avaliadores externos especialistas na materia, proceso que se realiza mantendo o anonimato tanto dos autores coma dos avaliadores (double-blind peer review).

O Comité Editorial está formado por profesorado do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, e o Comité de Redacción está composto por investigadores de recoñecido prestixio procedentes de diversas universidades españolas e estranxeiras.

Babel – A.F.I.A.L. está catalogada en:

Revista Babel Afial nº25

Revista Babel Afial nº25

Avisos


ENVÍO DE ARTIGOS

Data Límite: 15 de abril de 2017

Publicacións


Dispoñible Babel Afial nº25 (2016)

VISITE A SECCIÓN DE PUBLICACIÓNS